Versión en galego Versión en castellano
Ver cesta ver cesta
Búsqueda por autor ou título
Alvarellos
Presentación | A nosa historia | O fundador | Novidades | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
30 aniversario da Editorial Doble Premio Gourmand 2006 Finalista Premios Irmandade do Libro 2006 Premio á Edición Histórica 2007 Premio Nacional de Gastronomía Álvaro Cunqueiro 2008
 
A NOSA HISTORIA, EN IMAXES
Lugo, 17 de xuño de 1977. Sala de Arte Arco da Vella, hoxe desaparecida e ubicada daquela no número 10 da rúa da Raíña. Preséntase ao público a nova editorial. Na imaxe superior aparecen Enrique Alvarellos (sorrindo, á esquerda), Xosé Moreiras Santiso (promotor e distribuidor) e o poeta Paco Ledo, que presenta o seu libro Poesía dun labrego e fará un recital das súas creacións. No recorte de prensa da dereita, a noticia previa publicada polo diario El Progreso de Lugo anunciando o acto.

Varias noticias de prensa correspondentes a 1977 e 1978, e abaixo, no medio, documento do 10 de maio de 1977 coa inscrición da nova editorial no Rexistro de Empresas Editoriales del Ministerio de Información y Turismo.

Arriba, á esquerda, Alvarellos diríxese aos presentes no acto de presentación da editorial (10-6-77) e xunto a el aparecen os seus fillos Cecilia e Quique, a súa dona Conchita Casas, e o poeta Paco Ledo. Á dereita, Enrique Alvarellos firma exemplares da súa novela Botei corenta anos.
Abaixo, dúas imaxes da presentación de cinco novos títulos da editorial: Lugo, Sala Arco da Vella, 3 de marzo de 1978. Na foto da esquerda, o pintor e escritor Antonio Yebra (autor de Os xeitos d’hoxe) coa súa dona Tucha Calvo, Elvira Duñol (dona do xornalista Tuñas Bouzón) e o crego Xosé Molejón, autor do libro Melodías diversas. Foto da dereita: Enrique Alvarellos e o escritor e académico Xosé Couso coas súas donas.

Selección dalgúns dos títulos dos primeiros anos. Á esquerda, publicacións de 1977 e 1978. Abaixo, dúas mostras da Colección Facsímiles Século XVIII, onde apareceron, nos anos oitenta e noventa, vinte e cinco títulos encadernados a todo luxo, entre eles, as Obras Completas do Cura de Fruíme (sete tomos), a España Sagrada (os doce tomos correspondentes a Galicia), a historia barroca de Lugo Argos Divina ou as Memorias para la historia de la poesía y poetas españoles do Pai Sarmiento. Abaixo á dereita, o volume de máis de mil páxinas Bandas de Música de Galicia (1986), escrito e editado por Enrique Alvarellos.

Os catro catálogos da editorial, publicados en 1980, 1990, 2002 (25 aniversario) e 2006 (Colección Rescate).
Imaxe superior: Círculo de las Artes de Lugo. 15 de xuño de 1979. A Academia Tiberina de Artes e Ciencias de Roma inviste como membro a Enrique Alvarellos. Sentados, de esquerda á dereita, aparecen o historiador Narciso Peinado, Enrique Alvarellos, o catedrático da Universidade de Puerto Rico Xosé Luís Couso, o xornalista e Cronista Oficial de Lugo Xosé Trapero Pardo e o escritor Ánxel Fole.

Imaxe central: caseta da editorial na Feira do Libro de Lugo de 1982.

Abaixo, Alvarellos saúda ao ministro de Cultura de Felipe González Javier Solana durante a visita deste ao estánd de Alvarellos Editora no Liber 83. No centro da imaxe, con lentes escuras, o debuxante e caricaturista Xosé Lois Parga, autor das ilustracións do libro que Alvarellos sostén na man, Cien caras de españoles.

Esquerda: Lugo. Día das Letras Galegas de 1979. Recital de Poesía no Parque Rosalía de Castro.
Dereita: 21 de xaneiro de 1987. Presentación en Compostela do libro Bandas de Música de Galicia. Acompañan a Alvarellos, López Calo e Carlos Villanueva.


Arriba, noticia de El Progreso do 13 de xaneiro de 2005. Tralo pasamento de Enrique Alvarellos, a empresa continúa en mans do fillo do fundador.
Á dereita, tres imaxes da nova etapa: a presentación da Colección Rescate (Vigo, 27/5/2005) co libro Viajes y yantares por Galicia, de Álvaro Cunqueiro. Xunto a Henrique Alvarellos aparecen Armesto Faginas e César Cunqueiro.
No medio, Isaac Díaz Pardo mostra a edición orixinal de Galicia bajo la bota de Franco, na presentación na Coruña (15/11/2005) da reedición deste libro clandestino.
Abaixo á dereita, na Casa de Galicia de Madrid (9/10/2006), durante a presentación do libro 45 recetas con ortigas do chef Martín Álvarez (á dereita) obra premiada co Gourmand ao mellor monográfico español do 2006 e coa "Mención de Honra" do xurado no concurso mundial.
Baixo estas liñas, tres mostras da nova Colección Rescate.


Presentación | A nosa historia | O fundador | Novidades | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
Rúa das Arribadas, 7, 1ºC · 15706 Santiago de Compostela · Apartado Postal (P.O. Box): 1137 · Telf: 609 908 852 - Fax: 981 522 137 · correo@alvarellos.info
30 Aniversario Alvarellos Editora