Versión en galego Versión en castellano
Ver cesta ver cesta
Búsqueda por autor ou título
Alvarellos
Presentación | A nosa historia | O fundador | Novidades | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
30 aniversario da Editorial Doble Premio Gourmand 2006 Finalista Premios Irmandade do Libro 2006 Premio á Edición Histórica 2007 Premio Nacional de Gastronomía Álvaro Cunqueiro 2008
O EDITOR/DIRECTOR

Henrique Alvarellos Casas

Henrique Alvarellos Casas
Henrique Alvarellos Casas (Lugo, 1968) é xornalista e escritor, e dende xuño de 2004 —data de falecemento de seu pai, Enrique Alvarellos Iglesias— dirixe Alvarellos Editora.

Licenciouse en Filoloxía Hispánica en Santiago de Compostela en 1991 e obtivo o título de Posgrao en Comunicación pola Universidade da Coruña en 1994.


Como xornalista, Quique Alvarellos iniciou a súa andaina no diario El Progreso de Lugo e traballou logo como redactor na Televisión de Galicia, en La Voz de Galicia, foi correspondente para Galicia da revista Cambio 16 e redactor xefe do Atlántico Diario de Vigo. Foi así mesmo xefe de prensa da Consellería de Obras Públicas e asesor de Comunicación de Turgalicia e do Xacobeo.

Quique Alvarellos combina o seu traballo na dirección de Alvarellos Editora coa colaboración como columnista para varios xornais do país, a súa condición de escritor, e exerce tamén como asesor de comunicación.




máis información
Henrique Alvarellos presentou Descubrir Lugo na Galería Sargadelos
(Lugo, 5/5/06)
máis información
Henrique Alvarellos presentou o seu libro Galicia en cen prodixios na praia de Silgar(Sanxenxo, 6/8/05)
É autor de varios libros:

Diario dun pai acabado de nacerDiario dun pai acabado de nacer (Xerais, 2008). Crónica íntima sobre a experiencia da paternidade. Escrito como diario ao longo de case cinco anos e pensado como un longo poema en prosa.
Descubrir LugoDescubrir Lugo (Edicións do Cumio, 2006). Unha proposta de fin de semana na Cidade das Murallas. Editada en tres idiomas (galego, español e inglés), céntrase nos cinco grandes tesouros lugueses: arqueoloxía, monumentos, natureza, gastronomía e cultura.
Teoría de LugoTeoría de Lugo (A Nosa Terra, 2004), crónica intimista e sentimental, 23 relatos a través dos que ir descubrindo algúns dos espazos máis emblemáticos do municipio.
Galicia en cen prodixiosGalicia en cen prodixios (Edicións Xerais, 2004). Guía 'secreta' de Galicia, con cen singulariedades e autoorgullos que fan deste país unha terra única.
Territorio auroralTerritorio auroral (Consorcio de Santiago, 1997), unha historia da cidade de Santiago de Compostela durante o século XX narrada a través de 36 persoeiros que viviron os acontecementos máis importantes.

Alvarellos Casas é ademais co-autor do volume colectivo De profesión, periodista (Ir Indo, 2001), onde 30 xornalistas renden unha persoal homenaxe a Diego Bernal, e coordinador e co-autor do libro 'Camiños de Santiago-Camiños de Concordia' (Xunta de Galicia, 2004).
Presentación | A nosa historia | O fundador | Novidades | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
Rúa das Arribadas, 7, 1ºC · 15706 Santiago de Compostela · Apartado Postal (P.O. Box): 1137 · Telf: 609 908 852 - Fax: 981 522 137 · correo@alvarellos.info
30 Aniversario Alvarellos Editora