Versión en galego Versión en castellano
Ver cesta ver cesta
Búsqueda por autor ou título
Alvarellos
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
30 aniversario da Editorial Doble Premio Gourmand 2006 Premio á Edición Histórica 2007 Premio Nacional de Gastronomía Álvaro Cunqueiro 2008
Tenda
HISTORIA DE
RIBADAVIA Y SUS ALREDEDORES
P. Samuel Eiján Lorenzo
Sinopsis
A OBRA HISTÓRICA DA COMARCA DO RIBEIRO
Monumental obra de referencia do franciscano Samuel Eiján sobre a súa comarca natal, O Ribeiro. Editada orixinalmente en Madrid en 1920, Alvarellos Editora publicou esta edición facsímile en 1981. O volume desenvolve un amplísimo, rigoroso e ameno estudo en preto de 750 páxinas sobre todos os aconteceres históricos que foron conformando Ribadavia e a súa bisbarra.

Ao final, esta Historia de Ribadavia inclúe un práctico índice de autores, obras, arquivos citados, pobos e lugares.

Ficha técnica
   • Páxinas: 743
   • Lingua: castelán
   • PVP: 11 €
   • Edición príncipe: Madrid, 1920
   • Edición facsímile: 1981
   • ISBN: 84–85311–40-X


PREZO: 11,00 €
u.
O autor/a
Samuel Eiján Lorenzo (San Clodio-Leiro, Ourense 1876- Santiago 1945) foi un esgrevio persoeiro da orde franciscana, poeta e historiador. Escribiu en castelán e en galego, e a súa novela El socialista modelo foi traducida ao francés. Entre a súa obra poética destacan tres libros de poemas galegos: Mágoas, Versos gallegos e Da ialma. Foi membro numerario da Real Academia Galega.
«Voltar
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
Rúa Sempre en Galiza, 4 (praza int.) · 15706 Santiago · Apartado Postal (P.O. Box): 1137 · Telf: 609 908 852 - Fax: 981 522 137 · correo@alvarellos.info
30 Aniversario Alvarellos Editora