Versión en galego Versión en castellano
Ver cesta ver cesta
Búsqueda por autor ou título
Alvarellos
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
30 aniversario da Editorial Doble Premio Gourmand 2006 Premio á Edición Histórica 2007 Premio Nacional de Gastronomía Álvaro Cunqueiro 2008
Tenda
ARQUITECTURA
Marco Vitruvio Polión
Sinopsis
O GRAN TRATADO DA ARQUITECTURA GRECO-ROMANA
Os dez libros que integran esta obra de Vitrubio están considerados a summa da arquitectura e a urbanística grecorromanas, e foron así recoñecidos e mesmo seguidos ata ben entrado o século XIX. O volume que presentamos é a edición facsímil dunha das máis famosas edicións españolas, a tradución do latín e o estudo que levou a cabo en Madrid en 1787 Joseph Ortíz. Está encadernado a todo luxo e inclúe 56 láminas con debuxos onde se reproducen fielmente as descricións de Vitrubio.


Na súa Arquitectura, Vitrubio afonda na esencia desta ciencia, e vai describindo a contrución dos edificios, os tipos de columnas, o foro e as basílicas, pasando polos adros, os pavimentos, a pintura das paredes... E aínda chega máis alá, pois demostra a súa amplísima formación ao incidir tamén en eidos como a Astronomía (aborda a orde do universo, os planetas, a esfera terrestre) ou a Mecánica, aplicada á enxeñería civil e militar. Algunhas das curiosidades que resolve na súa magna obra son, por exemplo, cómo atopar auga, as propiedades dalgunhas fontes, cómo medir as millas dun camiño, inclúe así mesmo unha descrición dos reloxos ou as proporcións das ballestas.

Cómpre lembrar que, por exemplo, a Muralla de Lugo —que é o único fortín romano que se conserva íntegro no mundo—, ergueuse seguindo as descricións que para este tipo de defensas ideou Vitrubio.

Reproducimos un dos fragmentos da súa Arquitectura:

En la fundación de una ciudad, será la primera diligencia la elección de paraje más sano. Lo será siendo elevado, libre de nieblas y escarchas; no expuesto a aspectos calurosos ni fríos, sino templados. Evitarase también la cercanía de lagunas; porque viniendo a la ciudad las auras matutinas al salir el sol, traerán consigo los humores nebulosos que allí nacen...

Vitrubio sostiña que toda obra debe cumprir tres principios básicos: que fose resistente, bela e útil. Estes tres principios permanecen hoxe vixentes; pero demasiadas veces son lamentablemente ignorados.

Ficha técnica
   • Páxinas: 394
   • Lingua: castelán
   • PVP: 29 €
   • Colección: Facsímiles Século XVIII
   • Ano edición príncipe: 1787
   • Ano edición facsímile: 1989
   • Tradución do latín e comentarios: Joseph Ortíz y Sanz
   • Medidas: 15,5 x 21 cms.
   • ISBN: 84-85311-77-9


PREZO: 29,00 €
u.
O autor/a
Marco Vitrubio Polión foi un arquitecto e enxeñeiro romano que viviu no século I a. C., contemporáneo do césar Augusto. Entre os anos 35 e 25 a. C. redactou os dez libros que compoñen De Architectura, destinados probablemente ao emperador. Supónselle nacido en Verona, aínda que moi pouco máis se sabe da súa vida.
«Voltar
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
Rúa Sempre en Galiza, 4 (praza int.) · 15706 Santiago · Apartado Postal (P.O. Box): 1137 · Telf: 609 908 852 - Fax: 981 522 137 · correo@alvarellos.info
30 Aniversario Alvarellos Editora