|
Encontrámonos ante unha desas obras fundacionais da cultura de Galicia. A edición facsímil —en sete tomos e encadernada a todo luxo— recupera a obra completa de Cernadas y Castro publicada en Madrid en 1778 (un ano despois do falecemento deste crego ilustrado). A maior parte dos escritos do Cura de Fruíme están en castelán, pero tamén escribiu singulares pezas en galego. Tal e como subliña o seu estudoso Xosé Manuel Rivas Troitiño, Fruime “quizais fora o escritor de maior produción en galego nese século. Ademais, xustificou o uso do galego como idioma literario nunhas célebres décimas á marquesa de Camarasa. Para Benito Vicetto, Neira de Mosquera ou Couceiro Freijomil foi o poeta máis popular que houbo en Galicia”.
O Cura de Fruíme foi un fecundo escritor, en prosa, verso e teatro. Nos seus textos sobre temas galegos amosa un fondo galeguismo e clama con indignación contra as inxustizas das que era víctima Galicia.
Diego Antonio Cernadas y Castro está aínda hoxe inxustamente olvidado, razón pola que nos prace especialmente incluír no noso catálogo a súa obra completa.
|