Versión en galego Versión en castellano
Ver cesta ver cesta
Búsqueda por autor ou título
Alvarellos
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
30 aniversario da Editorial Doble Premio Gourmand 2006 Premio á Edición Histórica 2007 Premio Nacional de Gastronomía Álvaro Cunqueiro 2008
Tenda
BOTEI CORENTA ANOS
Novela curta autobiográfica
Enrique Alvarellos Iglesias
Sinopsis
Trátase do primeiro libro que saíu de Alvarellos Editora, no verán de 1977. Os exemplares que ofrecemos aquí pertencen á segunda edición, publicada ao ano seguinte, en 1978. Esta obra foi moi popular no seu tempo por estar impresa, ao igual que moitos outros títulos desta empresa daqueles anos, en “papel de estraza”, ese papel “da cor do pan centeo, que era o único que comiamos na posguerra”, como adoitaba explicar o seu autor e editor, Enrique Alvarellos Iglesias.

Ricardo Carballo Calero, na reseña que lle dedicou a este volume no número 59 de Grial (xaneiro 1978) califíca a Botei corenta anos como “unha novela popular”, e afirma que “no estado actual das letras galegas fainos moitísima falla a novela popular. Esta escribiuse por unha persoa perfectamente coñecedora do mundo que descrebe, e capaz de transmitirnos con eficacia ese coñecemento. O autor ten cousas que contarnos e sabe contalas (…) Hai algo de novela picaresca nestes relatos da vida infantil e xuvenil que supón un sopro de frescura natural no ambiente dabondo enrarecido dos relatos galegos que pretenden emular a Kafka, Musil, Faulkner, Joyce, Beckett, Borges ou Cortázar”.

Ficha técnica
   • Páxinas: 92
   • PVP con IVE: 12 €
   • (PVP sen IVE: 11,54)
   • Lingua: galego
   • Medidas: 12 x 20 cms
   • Encadernación: rústica
   • Conservación: perfecta
   • Ano 1ª edición: 1977
   • Ano 2ª edición: 1978
   • ISBN: 84–400-3164-5


PREZO: 11,00 €
u.
«Voltar
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
Rúa Sempre en Galiza, 4 (praza int.) · 15706 Santiago · Apartado Postal (P.O. Box): 1137 · Telf: 609 908 852 - Fax: 981 522 137 · correo@alvarellos.info
30 Aniversario Alvarellos Editora