Versión en galego Versión en castellano
Ver cesta ver cesta
Búsqueda por autor ou título
Alvarellos
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
30 aniversario da Editorial Doble Premio Gourmand 2006 Premio á Edición Histórica 2007 Premio Nacional de Gastronomía Álvaro Cunqueiro 2008
Tenda
ÚLTIMAS PÁGINAS SOBRE GALICIA
ARTÍCULOS OLVIDADOS EN VIDA GALLEGA, 1919-1962
Vicente Risco
Sinopsis
Vicente Risco (Ourense, 1884-1963) foi un dos grandes piares da literatura e do pensamento galegos do pasado século. Erudito, vangardista, amenísimo, enxeñoso, contraditorio, brillante… Todos estes adxectivos toman corpo nos textos de Últimas páginas sobre Galicia, un volume que redescobre ao mellor Risco nuns escritos que levaban esquecidos medio século e que xamais foran publicados en libro.

Trátase da obra xornalística completa de Vicente Risco para a revista Vida Gallega, uns traballos que se remontan no tempo ao ano 1919 e as cartas coa polémica entre os nacionalistas e os rexionalistas, até os derradeiros escritos do autor, de 1962.

Todo un agasallo para o lector, que aquí atopará elegancia e rigor intelectual e, ao mesmo tempo, diversión e sinxeleza.


Nestas páxinas fala Risco da paisaxe, do cinema, de libros, de viño, de Portugal, da Semana Santa en Ourense, do Románico, do fenómeno Xacobeo, de pintura, de nacionalismo… e mesmo sincérase nunha “Autobiografía confidencial”.

Este volume (que representa o terceiro tomo da Colección Rescate de Alvarellos Editora) inclúe ademais un documentado estudo sobre a personalidade e a obra de Risco, a cargo do profesor, historiador e escritor Marcos Valcárcel; o testemuño dun dos compañeiros de tertulia do escritor nos seus últimos anos, o xornalista e escritor Arturo Lezcano, e varios manuscritos inéditos do autor, ademais de reproducións de varios de seus traballos para a revista Vida Gallega.

» Lea un dos capítulos deste libro: "Autobiografía
confidencial


» Conferencia do historiador e escritor Marcos Valcárcel na presentación de "Últimas páginas sobre Galicia", en Santiago

Ficha técnica
   • Nº páxinas: 197
   • PVP: 17 €
   • Medidas: 14x21
   • ISBN: 84–89323–03–8
   • Colección: “Rescate”
   • Encadernación: tapa dura
   • Ilustracións: reprodución de cinco manuscritos inéditos e varias páxinas da revista Vida Gallega, dende 1919 a 1962.
   • Idioma: castelán (90%) e galego


PREZO: 20,00 €
u.
O autor/a
Vicente Risco (Ourense, 1884-1963) foi un dos grandes piares da literatura e do pensamento galegos do pasado século. Erudito, vangardista, amenísimo, enxeñoso, contraditorio, brillante…

http://www.fundacionvicenterisco.com
O Clube de Prensa de Santiago acolleu a presentación de <i>Últimas páginas sobre Galicia</i> de Risco O Clube de Prensa de Santiago acolleu a presentación de Últimas páginas sobre Galicia de Risco (PDF)
Alvarellos Editora presentou en Ourense o libro esquecido de Vicente Risco Alvarellos Editora presentou en Ourense o libro esquecido de Vicente Risco (PDF)
«Voltar
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
Rúa Sempre en Galiza, 4 (praza int.) · 15706 Santiago · Apartado Postal (P.O. Box): 1137 · Telf: 609 908 852 - Fax: 981 522 137 · correo@alvarellos.info
30 Aniversario Alvarellos Editora