Versión en galego Versión en castellano
Ver cesta ver cesta
Búsqueda por autor ou título
Alvarellos
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
30 aniversario da Editorial Doble Premio Gourmand 2006 Premio á Edición Histórica 2007 Premio Nacional de Gastronomía Álvaro Cunqueiro 2008
Tenda
45 RECETAS CON ORTIGAS
A proposta máis imaxinativa da Nova Cociña Galega
Martín Álvarez González
Sinopsis
A gastronomía galega amplía os seus horizontes. Este libro é toda una novidade no riquísimo panorama gastronómico galego e español, unha obra que nos abrirá os ollos a un mundo de novas sensacións, sabores e texturas.

A proposta máis imaxinativa da Nova Cociña Galega, todo un tratado sobre a ortiga como ingrediente con cualidades excepcionais para a cocina doce ou salgada, exquisita en revoltos, empanadas, cremas, potaxes, xeados...

A ortiga é unha herba até hoxe menosprezada pero que xa era utilizada polos romanos. Posúe importantes propiedades medicinais, é estimulante do aparato dixestivo, combate o reúma, é antianémica, diurética e reconstituínte.

45 recetas con ortigas é todo un descubrimento para unha cociña coa calidade e tradición da galega.

HISTORIA, PROPIEDADES E CULTIVO

Á parte do amplo e variado receitario, este volume –que inaugura a colección “A lume lento” de Alvarellos Editora– inclúe dous textos introdutorios de dous xornalistas e escritores especialistas en gastronomía, Miguel Vila Pernas e Guillermo Campos, nos que se deteñen na historia culinaria desta pranta, e tres apéndices coas propiedades beneficiosas das ortigas, o seu cultivo, e finalmente un breve léxico gastronómico.

Unha das receitas do libro:


Ficha técnica
   • Título: 45 RECETAS CON ORTIGAS
   • Subtítulo: La propuesta más imaginativa de la Nova Cociña Galega
   • Nº páxinas: 99
   • Lingua: castelán
   • PVP: 16 €
   • Medidas: 18x18 cms.
   • ISBN: 84–89323–07–0
   • Colección: “A lume lento”
   • Encadernación: tapa blanda con lapelas, plastificada


PREZO: 16,00 €
u.
O autor/a
Martín Álvarez González (Ourense, 1974) é profesor de Cociña do Instituto de Ensinanza Secundaria de Vilamarín (Ourense). Preside a Asociación Cultural As Ortigas –un colectivo que loita por prestixiar as propiedades da pranta Urtica dioica– e é autor de numerosos traballos gastronómicos, entre eles, o volume Estrugas (2006). Comezou a súa carreira profesional no Instituto no que hoxe exerce como docente. Nel cursou estudos de Hosteleiría e aquí aprendeu “dende a limpar un polo ata os porqués dunha cociña creativa e experimental”. Máis tarde diplomouse en Empresas e Actividades Turísticas poa Escola Universitaria Cebem de Vigo e perfeccionaría o seu saber xunto ao chef Moisand no restaurante do hotel Westminster de París.

45 recetas con ortigas é o resultado da súa especial vocación e interese por descubrir novos camiños para a cocina tradicional de Galicia.
Alvarellos Editora lanza ao mercado unha edición especial do libro premiado con dous ‘GOURMAND’ Alvarellos Editora lanza ao mercado unha edición especial do libro premiado con dous ‘GOURMAND’ (PDF)
O libro <i>45 recetas con ortigas</i> recibe en Pequín a O libro 45 recetas con ortigas recibe en Pequín a "Mención de Honra" na gala final dos Gourmand (PDF)
<i>45 recetas con ortigas</i>, finalista mundial dos premios Gourmand 45 recetas con ortigas, finalista mundial dos premios Gourmand (PDF)
Premio Gourmand 2006 para o libro <i>45 recetas con ortigas</i> Premio Gourmand 2006 para o libro 45 recetas con ortigas (PDF)
Presentouse no Palexco da Coruña <i>45 recetas con ortigas</i> Presentouse no Palexco da Coruña 45 recetas con ortigas (PDF)
<i>45 recetas con ortigas</i> preséntase no Salón de Delicatessen de Vigo 45 recetas con ortigas preséntase no Salón de Delicatessen de Vigo (PDF)
<i>45 recetas con ortigas</i> presentouse en Madrid cunha degustación gastronómica 45 recetas con ortigas presentouse en Madrid cunha degustación gastronómica (PDF)
Alvarellos editora publica o primeiro libro completo de receitas con ortigas de España Alvarellos editora publica o primeiro libro completo de receitas con ortigas de España (PDF)
Lo que dijo la prensa
Faro de Vigo / Suplemento Estela, 15/04/2007

El Mundo / Magacine Metrópoli, 04/05/2007
«Voltar
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
Rúa Sempre en Galiza, 4 (praza int.) · 15706 Santiago · Apartado Postal (P.O. Box): 1137 · Telf: 609 908 852 - Fax: 981 522 137 · correo@alvarellos.info
30 Aniversario Alvarellos Editora