Versión en galego Versión en castellano
Ver cesta ver cesta
Búsqueda por autor ou título
Alvarellos
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
30 aniversario da Editorial Doble Premio Gourmand 2006 Premio á Edición Histórica 2007 Premio Nacional de Gastronomía Álvaro Cunqueiro 2008
Tenda
RETORNO A IRIA FLAVIA
Obra dispersa y olvidada, 1940-2001
Camilo José Cela
Sinopsis
A PRIMEIRA ANTOLOXÍA DA OBRA BREVE GALEGA DE CELA
Camilo José Cela, Premio Nobel e xenio universal das Letras, sentíase fondamente galego, consciente de pertencer a unha cultura singular. Retorno a Iria Flavia é unha viaxe definitiva de regreso á súa terra. Medio cento de traballos nos que Galicia é o cerne da súa creación e reflexión –artigos, ensaios, epistolarios– constitúen esta primeira antoloxía “galega” da súa obra.

Aparecen agora reunidos por vez primeira nun libro dende o seu su primeiro artigo, escrito en 1940 e dedicado a Emilia Pardo Bazán, até as derradeiras columnas publicadas no diario ABC pouco antes do seu pasamento.

Engádense a estes traballos catro documentos –un deles inédito– da correspondencia mantida con senlleiros representantes da actividade política e cultural nacionalista galega de preguerra, algúns dos que traballaban na súa reactivación nos anos 50: Otero Pedrayo, Vicente Risco, Fernández del Riego e Celso Emilio Ferreiro.

Como colofón, reprodúcense varios manuscritos e unha galería gráfica con fotos pouco divulgadas e algunhas inéditas.

Retorno a Iria Flavia é, en definitiva, unha mostra patente de sesenta anos continuados de relación fondamente afectiva e mutuamente enriquecedora entre o escritor e o seu país natal.

Ver tres capítulos da obra (pdf):
- Crítica á pintura de Isaac Díaz Pardo publicada en 1948
- Carta enviada en 1953 a don Ramón Otero Pedrayo
- Manuscrito de 1997

Ficha técnica
   • Título: RETORNO A IRIA FLAVIA
   • Subtítulo: OBRA DISPERSA Y OLVIDADA, 1940-2001
   • Nº páxinas: 252
   • PVP: 20 €
   • Medidas: 14x21
   • Idioma: castelán (90%) e galego
   • Primeira edición: Novembro 2006
   • ISBN-13: 978-84–89323–08–7
   • ISBN-10: 84–89323–08–9
   • Colección: “Rescate”
   • Encadernación: cartoné
   • Ilustracións: O libro inclúe unha galería gráfica con material pouco coñecido ou inédito do autor (fotos, manuscritos e cartas)


PREZO: 20,00 €
u.
O autor/a
CAMILO JOSÉ CELA (Iria Flavia-Padrón, 1916-Madrid, 2002). Premio Nobel de Literatura en 1989. Premio Nacional de Literatura en 1984 pola súa obra Mazurca para dos Muertos. Premio Príncipe de Asturias de las Letras en 1987. Premio Planeta en 1994 con La cruz de San Andrés e Premio Cervantes en 1995. Cultivou todos os xéneros literarios e conseguiu erguer un universo estético propio e unha forma de escribir única. A súa primeira obra foi un poemario, Pisando la dudosa luz del día (1936), e a súa primeira e popular novela, La familia de Pascual Duarte (1942). A triloxía de novelas sobre Galicia (país ao que dedicara a Mazurca para dos muertos e La Cruz de San Andrés) pechouse coa publicación, en novembro de 1999, da súa última obra, Madera de boj.

(Foto da esquerda: A Coruña, 1948)
<i>Retorno a Iria Flavia</i> preséntase na Coruña Retorno a Iria Flavia preséntase na Coruña (PDF)
Santiago acolleu a presentación de <i>Retorno a Iria Flavia</i> Santiago acolleu a presentación de Retorno a Iria Flavia (PDF)
Intervención de Olivia Rodríguez en A Coruña, 01/02/2007 (PDF)
Intervención de Pablo G. Mariñas en A Coruña, 01/02/2007 (PDF)
Intervención de Olivia Rodríguez en Santiago, 20/12/2006 (PDF)
Intervención de Marina Castaño en Santiago, 20/12/2006 (PDF)
Lo que dijo la prensa
- El Progreso, 21/12/2006

- El Pais, 21/12/2006

- La Voz de Galicia, 21/12/2006

- El Correo Gallego, 21/12/2006

- Galicia Hoxe, 21/12/2006
«Voltar
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
Rúa Sempre en Galiza, 4 (praza int.) · 15706 Santiago · Apartado Postal (P.O. Box): 1137 · Telf: 609 908 852 - Fax: 981 522 137 · correo@alvarellos.info
30 Aniversario Alvarellos Editora