Versión en galego Versión en castellano
Ver cesta ver cesta
Búsqueda por autor ou título
Alvarellos
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
30 aniversario da Editorial Doble Premio Gourmand 2006 Premio á Edición Histórica 2007 Premio Nacional de Gastronomía Álvaro Cunqueiro 2008
Tenda
TEORÍA DE GALICIA
Obra xornalística completa en Vida Gallega, 1926-1963
Ramón Otero Pedrayo
Sinopsis
Don Ramón Otero Pedrayo foi o primeiro columnista de prensa en escribir habitualmente en galego. En Teoría de Galicia aparecen editados, por vez primeira en libro, os 72 escritos que o Patriarca das Letras Galegas publicou, entre 1926 e 1963, na revista Vida Gallega.

Neste coidado volume –de catrocentas páxinas– danse a man prosas líricas e crónicas da época, ensaios e relatos de ficción. A visión conxunta de todos estes escritos enxerga toda unha teoría de Galicia.

Á parte dos textos recóllense nesta edición varios manuscritos inéditos do autor e fotografías dunha vida consagrada á cultura e a defensa do país.

O profesor, historiador e escritor Marcos Valcárcel asina o estudo introdutorio “Otero Pedrayo no xornalismo galego”.

Ver tres capítulos desta obra:
- Outono (1926)
- El libro y la universidad (1958)
- Pintores gallegos: notas intrascendentes (1960)


>> Conferencia do profesor Marcos Valcárcel
05/06/2007 (ficheiro .mp3 9,18 MB)

>> Recital de textos de "Teoría de Galicia" na voz de Tereixa Devesa e Loli Conde (1)
Liceo de Ourense, 05/06/2007 (ficheiro .mp3 3,70 MB)

>> Recital de textos de Teoría de Galicia na voz de Tereixa Devesa e Loli Conde (2)
Liceo de Ourense, 05/06/2007 (ficheiro .mp3 5,06 MB)

Ficha técnica
   • Páxinas: 400
   • Lingua: Galego (50%) e castelán.
   • PVP: 20 €
   • Medidas: 13,5cm x 20,5 cm
   • Primeira edición: Marzo, 2007
   • ISBN: 978-84-89323-11-7
   • Encadernación: Tapa dura
   • Colección: Rescate
   • Estudo introdutorio: Marcos Valcárcel
   • Ilustracións: varios manuscritos inéditos do autor a fotografías da época.


PREZO: 22,00 €
u.
O autor/a
Don Ramón Otero Pedrayo (Ourense 1888-1976) foi o máis grande construtor da identidade galega. Catedrático de Xeografía e Historia, integrante da Xeración Nós, deputado na II República… O seu saber monumental e a súa extraordinaria capacidade oratoria convertérono, xa en vida, no Patriarca das Letras Galegas. “Abrazarte a ti é abrazar Galicia”, dixo del Castelao.
O Liceo de Ourense acolleu o recital dos textos esquecidos de Otero Pedrayo O Liceo de Ourense acolleu o recital dos textos esquecidos de Otero Pedrayo (PDF)
Ourense acolleu a presentación de <i>Teoría de Galicia</i> de Otero Pedrayo Ourense acolleu a presentación de Teoría de Galicia de Otero Pedrayo (PDF)
Alvarellos reúne nun volume os 72 escritos de Otero Pedrayo para <i>Vida Gallega</i>, inéditos en libro Alvarellos reúne nun volume os 72 escritos de Otero Pedrayo para Vida Gallega, inéditos en libro (PDF)
Lo que dijo la prensa
Faro de Vigo, 21/06/2007
«Voltar
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
Rúa Sempre en Galiza, 4 (praza int.) · 15706 Santiago · Apartado Postal (P.O. Box): 1137 · Telf: 609 908 852 - Fax: 981 522 137 · correo@alvarellos.info
30 Aniversario Alvarellos Editora