Versión en galego Versión en castellano
Ver cesta ver cesta
Búsqueda por autor ou título
Alvarellos
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
30 aniversario da Editorial Doble Premio Gourmand 2006 Premio á Edición Histórica 2007 Premio Nacional de Gastronomía Álvaro Cunqueiro 2008
Tenda
MÁS ALLÁ DEL TIEMPO
O libro inédito de 1965
María Mariño
Sinopsis
[Letras Galegas 2007]

Más allá del tiempo é o libro inédito que María Mariño concluíu en 1965 e que permaneceu ilocalizable durante máis de corenta anos. Apareceu xusto cando as Letras Galegas homenaxean a esta enigmática escritora, en 2007.

Estamos ante o primeiro libro preparado e ordenado directamente por María Mariño. Más allá del tiempo permite despexar todas as incógnitas e recompoñer a fondo a súa obra.

Ademais de poeta, descubrimos que era unha narradora orixinal, consciente e insubmisa, con influencia dos movementos de vangarda e reveladoras composicións oníricas. Boa parte do libro semella un relato autobiográfico, que se completa coa até agora descoñecida poesía infantil.

Más allá del tiempo é a peza clave para entender a súa obra galega.

Esta edición conta cun amplo e documentado estudo introdutorio a cargo da profesora da Universitat de Barcelona, Helena González, responsable tamén da edición do texto.

Foto do mecanoscrito orixinal

Fragmentos de "Más allá del tiempo":

"La mañana es náufrago" (poema)
"A mi regreso" (relato)
"Caurel" (poema)
"Más allá del tiempo" (poema)

Ficha técnica
   • Título: MÁS ALLÁ DEL TIEMPO
   • Subtítulo: O LIBRO INÉDITO DE 1965
   • Nº páxinas: 180
   • PVP: 17 €
   • Medidas: 14 x 21 cms
   • Idioma: castelán.
   • Primeira edición: Marzo 2007
   • ISBN: 978-84–89323–15–5
   • Colección: “Rescate”
   • Encadernación: cartoné.
   • Ilustracións: O libro inclúe unha galería gráfica con material pouco coñecido ou inédito (epistolario, mecanoscritos, fotografías…) relativo á xestación desta obra.
   • Limiar e estudo da obra: Helena González


PREZO: 18,50 €
u.
O autor/a
María Mariño Carou (Noia, 1907–Parada do Courel, 1967) só conseguiu publicar en vida un libro de poemas, Palabra no tempo (Editorial Celta, 1963), volume ao que seguiría, xa póstumo e moitos anos despois, Verba que comeza (Concello de Noia, 1992). Ata 2007 non se coñecía máis produción desta enigmática e orixinal escritora. Más allá del tiempo é a súa terceira obra.
Recital en Barcelona da María Mariño inédita Recital en Barcelona da María Mariño inédita (PDF)
Preséntase en Santiago o libro inédito de María Mariño Preséntase en Santiago o libro inédito de María Mariño (PDF)
Lo que dijo la prensa
El Correo Gallego, 13/04/2007

El País, 15/02/2007

La Voz de Galicia, 14/02/2007
«Voltar
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
Rúa Sempre en Galiza, 4 (praza int.) · 15706 Santiago · Apartado Postal (P.O. Box): 1137 · Telf: 609 908 852 - Fax: 981 522 137 · correo@alvarellos.info
30 Aniversario Alvarellos Editora