Versión en galego Versión en castellano
Ver cesta ver cesta
Búsqueda por autor ou título
Alvarellos
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
30 aniversario da Editorial Doble Premio Gourmand 2006 Premio á Edición Histórica 2007 Premio Nacional de Gastronomía Álvaro Cunqueiro 2008
Tenda
MADIA LEVA!
O novo libro de relatos de Antón Grande
Ilustrado por Quique Bordell
Antón Grande
Sinopsis
Trinta historias cotiás que de súpeto encaixan o abraio do inesperado. Dende as tabernas de Lugo até os ceos imposibles de Nova York.

Antón Grande transita por paisaxes e xentes do seu contorno vital e crea un universo breve, fragmentado e relativo, ou sexa, narra o que podería ser o noso propio existir.

Pé da prosa emerxen, poderosas, as ilustracións sempre a contrafío de Quique Bordell.

“Antón Grande é un autor para ler contra a noitiña –afirma Xosé de Cora no seu limiar–; díría máis, é un autor para ler nun establecemento público, ao carón dun vaso de viño, agardando a chegada do amigo, da amada ou dese ninguén que xamais chega”.


Ver tres relatos de Madia leva!:

Veña merenghe!
A miña amiga
Moita, moita, policía

Ficha técnica
   • Medidas: 14 x 21 cms
   • Páxs: 135
   • Prezo: 13,90 euros
   • Idioma: Galego
   • ISBN: 978-84-89323-16-2
   • Encadernación: Tapa branda plastificada, con lapelas.
   • Colección: Libros do Sarela


PREZO: 13,90 €
u.
O autor/a
ANTÓN GRANDE é escritor e xornalista. Naceu en Lugo en 1953 e publicou as súas primeiras narracións aos 17 anos no suplemento cultural de El Progreso “Táboa redonda”, que dirixía daquela Ánxel Fole. É autor, entre outros, dos libros de relatos Pucharcas (1987) e Tabernarios (1991). En 1989 recibiu o Premio Galicia de Xornalismo pola serie de artigos “Cincuenta anos de maquis en Galicia”. Na actualidade é redactor xefe de Localia-Telelugo, mantén unha sección semanal no diario El Progreso e outra quincenal no semanario A Nosa Terra. Así mesmo é o guionista e documentalista do docudrama para televisión Bandoleiros ou guerrilleiros.

O ilustrador
O ilustrador de Madia leva! é tamén lugués, da quinta de 1963. Faise chamar SEÑOR B (“antes coñecido como Quique Bordell”, aclara). Pintor autodidacta cun estilo que el define como art brut con influencias naïf, pop, do expresionismo e da poesía visual.
<i>Madia leva!</i> presentouse na Galería Sargadelos de Lugo Madia leva! presentouse na Galería Sargadelos de Lugo (PDF)
«Voltar
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
Rúa Sempre en Galiza, 4 (praza int.) · 15706 Santiago · Apartado Postal (P.O. Box): 1137 · Telf: 609 908 852 - Fax: 981 522 137 · correo@alvarellos.info
30 Aniversario Alvarellos Editora