|
Unha axuda inescusable para calquera ensinante de Matemáticas, ademais de ser un dos escasos libros desta materia editados en galego.
Xoguemos coas matemáticas na ESO integra unha ducia de exercicios e actividades para realizar na aula, e deste xeito complementar e reforzar o aprendido. A profesora Cecilia Alvarellos Casas, licenciada en Matemáticas e con máis de quince anos de exercicio da docencia (tanto pública como privada) desenvolve nesta obra a cara máis lúdica desta materia.
O nivel de dificultade dos exercicios está adaptado para os catro cursos de Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO), e o profesor elixirá as actividades que máis lle conveñan para o curso que está a impartir. O ensinante tamén poderá escoller aquelas propostas que os alumnos farán de xeito individual ou ben en grupos para así fomentar a cooperación.
|