Versión en galego Versión en castellano
Ver cesta ver cesta
Búsqueda por autor ou título
Alvarellos
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
30 aniversario da Editorial Doble Premio Gourmand 2006 Premio á Edición Histórica 2007 Premio Nacional de Gastronomía Álvaro Cunqueiro 2008
Tenda
VERSOS A COMPOSTELA
EDICION BILINGÜE
Rosalía de Castro
Sinopsis
A PRIMEIRA ANTOLOXÍA DOS VERSOS QUE ROSALÍA DEDICOU A SANTIAGO
Versos a Compostela reúne por vez primeira –e en edición bilingüe– os poemas nos que a cidade de Santiago é o referente lírico e existencial de Rosalía de Castro (1837-1885).

Nestas páxinas gozaremos da poeta en estado puro: intimista, moderna e turbadora.

Xunto aos versos, antigas fotografías dun Santiago contraditorio, de “sombras queridas” mais tamén de “sombras odiadas”.

A escritora e profesora Helena Villar Janeiro (presidenta da Fundación Rosalía de Castro) é a responsable da edición literaria e tradución dos textos de Versos a Compostela, mentras que Xesús Rábade Paredes asina un clarificador estudo introdutorio.

O RETRATO INÉDITO DE FENOLLERA

Esta edición enriquécese, así mesmo, coa recuperación dun retrato inédito de Rosalía: o busto realizado arredor de 1904 polo pintor José María Fenollera. O orixinal está perdido e unha copia foi exposta por vez primeira en 1985 no escaparate do fotógrafo Guitián, na Rúa do Vilar, en Santiago de Compostela.

Este novo volume (o número 8) da Colección Rescate aparece publicado en co-edición co Consorcio de Santiago.

Ficha técnica
   • Título: VERSOS A COMPOSTELA
   • Subtítulo: EDICION BILINGÜE
   • Nº páxinas: 122
   • PVP: 17 €
   • Medidas: 14 x 21 cms
   • Idioma: bilingüe galego-castelán
   • Primeira edición: Febreiro 2008
   • ISBN: 978-84–89323–20–9
   • Colección: “Rescate”
   • Encadernación: cartoné.
   • Ilustracións: O libro inclúe unha galería gráfica con fotografías de época de Santiago, dos espazos relacionados coa vida da autora.
   • Coidado da edición: Helena Villar Janeiro
   • Limiar: Xesús Rábade Paredes


PREZO: 17,00 €
u.
O autor/a
Rosalía de Castro (Santiago, 1837-Padrón 1885) é a figura central do rexurdimento da literatura galega no século XIX e unha das poetas máis destacadas das literaturas galega e española de todos os tempos.

Autora de Cantares Gallegos, cuxa publicación en 1863 supuxo un acontecemento cultural de primeiro orde na cultura galega (un dos primeiros libros escrito enteiramente en galego na Idade Contemporánea), e Follas Novas (1880), poemario ontolóxico e tamén de denuncia social, o seu derradeiro libro foi En las orillas del Sar (1884) toda unha obra mestra en castelán.

Rosalía merece ser considerada, xunto a Gustavo Adolfo Bécquer, como a precursora da modernidade poética.

A data de aparición de Cantares Gallegos conmemórase todos os anos durante o Día das Letras Galegas.
Preséntase en Santiago a primeira antoloxía dos versos que Rosalía dedicou á cidade Preséntase en Santiago a primeira antoloxía dos versos que Rosalía dedicou á cidade (PDF)
Lo que dijo la prensa
La Voz de Galicia, 01/03/2008

Europa-Press, 28/02/2008
«Voltar
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
Rúa Sempre en Galiza, 4 (praza int.) · 15706 Santiago · Apartado Postal (P.O. Box): 1137 · Telf: 609 908 852 - Fax: 981 522 137 · correo@alvarellos.info
30 Aniversario Alvarellos Editora