Versión en galego Versión en castellano
Ver cesta ver cesta
Búsqueda por autor ou título
Alvarellos
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
30 aniversario da Editorial Doble Premio Gourmand 2006 Premio á Edición Histórica 2007 Premio Nacional de Gastronomía Álvaro Cunqueiro 2008
Tenda
BALADA DE LOS MARES DEL NORTE
Poemas, cuentos y ensayos, 1942-1973
Urbano Lugrís
Sinopsis
O esperado libro que recupera, por vez primeira, a obra dispersa, esquecida ou inédita de Urbano Lugrís. Máis de sesenta textos, cincuenta ilustracións e manuscritos, algúns deles nunca antes publicados.

Tiveron que pasar 35 anos desde a súa morte e cen desde o seu nacemento para que a extraordinaria obra escrita do pintor Urbano Lugrís (A Coruña, 1908-Vigo, 1973) vexa por fin a luz en libro.

Este volume culmina unha vella aspiración do artista, desexo confesado publicamente a comezos dos anos 60, pero que por distintas razóns non se materializara... ata hoxe.

Balada de los mares del norte descóbrenos ao poeta barroco, ao narrador de ficción pleno de referencias cultas e tamén a un orixinal ensaísta.

Ademais, este libro recolle ilustracións moi pouco coñecidas e manuscritos inéditos.

Unha produción que abarca en total máis de tres décadas.

Urbano Lugrís escribía como pintaba, e esa fusión tan singular de lenzo e prosa deu como resultado feliz unha voz única, un autor co que as culturas galega e española estaban en débeda.

Este libro recolle máis de 300 páxinas de textos dispersos, moi descoñecidos ou inéditos do autor, ata un total de 62 textos. Medio centenar de ilustracións do Lugrís, algunhas delas tamén inéditas, e a reprodución en cor de todas as cubertas orixinais de revísta Vida Gallega (anos 50).

A responsable da edición anotada, introdución e apéndice é a profesora da Universidade da Coruña, a doutora en Teoría da Literatura Olivia Rodríguez González, filla de Mariano Tudela, un dos fieis colaboradores de Urbano Lugrís.

» Selección de portadas de Vida Gallega
» Selección de textos de Balada de los mares del norte

» Xosé Luís Méndez Ferrín fala de Lugrís en Librouro (Vigo), o 29.10.2008 (arquivo sonoro)

» Vídeo da presentación de Balada de los mares del norte en Vigo

Ficha técnica
   • Título: BALADA DE LOS MARES DEL NORTE
   • Subtítulo: POEMAS, CUENTOS Y ENSAYOS, 1942-1973
   • Nº páxinas: 322
   • PVP: 23,50 €
   • Medidas: 14 x 21 cms
   • Idioma: castelán (con 10 textos en galego)
   • Primeira edición: Maio 2008
   • ISBN: 978-84–89323–18–6
   • Colección: “Rescate”
   • Encadernación: cartoné.
   • Ilustracións: este volume inclúe unha galería gráfica en cor con todas as portadas de Vida Gallega, e preto de cincuenta ilustracións máis (manuscritos inéditos incluídos).
   • Edición anotada, introdución e apéndices: Olivia Rodríguez González


PREZO: 23,50 €
u.
O autor/a
Urbano Lugrís González (A Coruña, 1908-Vigo, 1973) foi un dos pintores máis sobranceiros de Galicia e un dos surrealistas españois máis orixinal e inspirado. Fillo de Manuel Lugrís Freire (e pai do pintor Urbano Lugrís Vadillo), a súa obra pictórica está consagrada ao mar e con esta temática deixou lenzos insuperables. Paralelamente á súa creación plástica cultivouse como escritor, faceta iniciada xa nos anos corenta e prolongada ata o final dos seus días. Sen embargo, nunca viu en vida publicado un só libro. Os seus textos quedaron espallados por publicacións periódicas, ou ben inéditos.
A <em>Balada de los mares del norte</em> de Urbano Lugrís presentouse en Vigo A Balada de los mares del norte de Urbano Lugrís presentouse en Vigo (PDF)
A Balada... de Lugrís preséntase en A Coruña. A Balada... de Lugrís preséntase en A Coruña. (PDF)
Lo que dijo la prensa
06/06/2008, Galicia Hoxe, "O home das arestas mariñas "

13/06/2008, Faro de Vigo, "Artigo de X.L Méndez Ferrín "

06/07/2008, Galicia Hoxe, "Dende o pozo do esquecemento"

10/08/2008, El Correo Gallego, "A Singradura de Urbano Lugrís"

11/08/2008, La Voz de Galicia, "Un libro recopila por primera vez la obra escrita de Urbano Lugrís"

16/08/2008, El Progreso, "Artigo de María Xesús Nogueira "

17/08/2008, Opinion de A Coruña, "Lugrís renace como escritor "

29/10/2008, Diario Atlántico, "Urbano Lugrís, pese a falar de mortos e naufraxios, é un vitalista"

30/10/2008, Diario Atlántico, "Recopilación definitiva de la obra escrita de Urbano Lugrís"

30/10/2008, El País, "El libro que no pudo ver Lugrís"

30/10/2008, Faro de Vigo, "Urbano Lugrís, escritor del mar"
«Voltar
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
Rúa Sempre en Galiza, 4 (praza int.) · 15706 Santiago · Apartado Postal (P.O. Box): 1137 · Telf: 609 908 852 - Fax: 981 522 137 · correo@alvarellos.info
30 Aniversario Alvarellos Editora