Versión en galego Versión en castellano
Ver cesta ver cesta
Búsqueda por autor ou título
Alvarellos
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
30 aniversario da Editorial Doble Premio Gourmand 2006 Premio á Edición Histórica 2007 Premio Nacional de Gastronomía Álvaro Cunqueiro 2008
Tenda
REPRESIÓN, SOLIDARIEDADE E RESISTENCIA ANTIFRANQUISTA
HOMENAXE AOS MÁRTIRES DO FURRIOLO
Varios autores
Sinopsis
Libro+DVD que contén as intervencións das I Xornadas sobre represión e resistencia antifranquista na Raia (Ourense) celebradas en agosto de 2006, unha videocreación e un documental.

En agosto de 2006, a asociación Arraianos organizou unha homenaxe aos mártires do Furriolo (monte ubicado no Concello da Bola, preto de Celanova) e as primeiras xornadas sobre represión, solidariedade e resistencia antifranquista no territorio galego-portugués coñecido como A Raia.

Esta publicación colectiva recolle o conxunto das intervencións desenvolvidas nesa data, un volume que fora publicado hai un ano pola Asociación Arraianos nunha pequena edición. Agora aparece, en novo formato, comercializado por Alvarellos Editora e inclúe un DVD con unha videocreación máis un documental.

Na obra, dirixida por Aser Álvarez, participan, entre outros, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xesús Alonso Montero, Manuel Vilanova, Anxo Angueira, Alberto Pérez Viso, Baldo Ramos. Conde Corbal ilustra o interior e a cuberta é obra de Xosé Vizoso (mais Xan Torres), baseada no Mural do Furriolo.

O DVD contén a videocreación Noutrora de Xudit Casas, en homenaxe aos asasinados no Furriolo; o documental Elixio Rodríguez, o aviador arraiano de Alfonso Vázquez, sobre a homenaxe promovida pola asociación Arraianos, e un dosier con información visual das actividades de Arraianos relacionadas coa recuperación da memoria.

Ficha técnica
   • TÍTULO: REPRESIÓN, SOLIDARIEDADE E RESISTENCIA ANTIFRANQUISTA
   • SUBTÍTULO: HOMENAXE AOS MÁRTIRES DO FURRIOLO
   • PÁXINAS: 136
   • PVP: 12 €
   • Medidas: 19x27 cm
   • Idioma: galego
   • Data publicación: Decembro 2008
   • ISBN: 978-84-89323-28-5
   • Colección: Oeste [Divulgación&Ensaio]
   • Material extra: O libro inclúe un DVD coa videocreación Noutrora e o documental Elixio Rodríguez, o aviador arraiano.
   • Encadernación: Tapa branda con lapelas


PREZO: 12,00 €
u.
«Voltar
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
Rúa Sempre en Galiza, 4 (praza int.) · 15706 Santiago · Apartado Postal (P.O. Box): 1137 · Telf: 609 908 852 - Fax: 981 522 137 · correo@alvarellos.info
30 Aniversario Alvarellos Editora