Versión en galego Versión en castellano
Ver cesta ver cesta
Búsqueda por autor ou título
Alvarellos
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
30 aniversario da Editorial Doble Premio Gourmand 2006 Premio á Edición Histórica 2007 Premio Nacional de Gastronomía Álvaro Cunqueiro 2008
Tenda
EL ALUMBRADO
PÚBLICO EN SANTIAGO
Una historia de luces y sombras en la vieja Compostela
José Antonio Tojo Ramallo
Sinopsis
O INVESTIGADOR JOSÉ ANTONIO TOJO DESCÚBRENOS A HISTORIA DO ALUMADO PÚBLICO EN SANTIAGO
A nova obra do investigador santiagués José Antonio Tojo Ramallo titúlase El alumbrado público en Santiago, un ensaio publicado conxuntamente por Alvarellos Editora e o Consorcio de Santiago. Nel, Tojo Ramallo, quen xa é autor doutros tres libros de historia local, repasa dun xeito ameno e documentado, as orixes e desenvolvemento do sistema público de alumado, desde as súas orixes hai xustamente dous séculos:

Na protohistoria do alumado de Santiago sitúanse os coquines ou mullidores, personaxes que, ata o século XVIII, percorrían as rúas portando un facho e unha campaíña e rogando a voces o rezo dun Noso Pai polas ánimas do purgatorio e do Arcebispo Fonseca.

DOUSCENTOS ANOS DE LUCES E SOMBRAS

Logo chegaría o aceite. En 1809 instálase en Santiago o primeiro sistema de alumado público do que temos noticia. Pretendíase aumentar a seguridade nas rúas ante a invasión dos franceses. Os primeiros farois instaláronse ao redor de 1822, os chamados farois de reverbero, construídos por artesáns locais do latón e do ferro, e mantidos polos veedores.

"A NOITE ESTÁ VARRIDA DA TERRA"

Tras o aceite, o gas, e, finalmente, a revolución da luz eléctrica. Santiago foi a primeira cidade de España que probou ese novo invento coñecido como electricidade. Foi un 2 de abril de 1851, no claustro da Universidade. "A noite está varrida da terra", exclamou unha das testemuñas daquel acontecemento. Pero aínda habería que esperar case medio século para ver chegar a luz eléctrica ás rúas máis céntricas.

Un breve pero rigoroso e ameno ensaio dunha época na que a cidade de Santiago foi entrando, aos poucos, niso que chamamos modernidade e progreso. Dous séculos de luces e sombras na vella Compostela.

» ver caderniño gráfico

Ficha técnica
   • Título: El alumbrado público en Santiago
   • Subtítulo: Una historia de luces y sombras en la vieja Compostela
   • Páxinas:138
   • PVP: 15 €
   • Medidas: 13x23
   • Idioma: castelán
   • Data de publicación: maio 2009
   • ISBN: 978-84-89323-29-2
   • Encadernación: rústica plastificada con lapelas
   • Ilustracións: Fotografías e documentos de época
   • Colección: Oeste [divulgación&ensaio]


PREZO: 15,00 €
u.
O autor/a
José Antonio Tojo Ramallo é Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e Técnico en Dirección de Mercadotecnia e Comunicación polo Instituto de Directivos de Empresa. Autor de numerosos artigos en prensa e revistas especializadas, publicou varios libros de historia local: Testimonios de una represión. Santiago de Compostela. Julio 1936-Marzo 1937 (1990), Fiestas del Apóstol 1500-1985 (1996) e Agua y Saneamiento en Santiago de Compostela (1998); e dous de historia militar: Lobos acosados. Historia de los submarinos alemanes hundidos frente a las costas de Galicia durante la Segunda Guerra Mundial (2000) y Cazadores de Barcos. Historia de los submarinos alemanes en las costas de Galicia durante la Primera Guerra Mundial (2008).

O presente volume constitúe, polo tanto, a cuarta obra dedicada polo historiador a Santiago, a súa cidade natal.
O investigador José Antonio Tojo relata a historia do alumado público de Santiago O investigador José Antonio Tojo relata a historia do alumado público de Santiago (PDF)
«Voltar
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
Rúa Sempre en Galiza, 4 (praza int.) · 15706 Santiago · Apartado Postal (P.O. Box): 1137 · Telf: 609 908 852 - Fax: 981 522 137 · correo@alvarellos.info
30 Aniversario Alvarellos Editora