Versión en galego Versión en castellano
Ver cesta ver cesta
Búsqueda por autor ou título
Alvarellos
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
30 aniversario da Editorial Doble Premio Gourmand 2006 Premio á Edición Histórica 2007 Premio Nacional de Gastronomía Álvaro Cunqueiro 2008
Tenda
SANTIAGO A TRAVÉS
DE MIS GAFAS
Santiago Nogueira
Sinopsis
A visión lúcida, persoal e amena do letrado Santiago Nogueira Romero. Unha crónica da sociedade compostelá dende a guerra civil ata a actualidade.
Unha pluma fluída e unha memoria puntual e rica, preñada de anécdotas e datos, converten esta crónica de Santiago Nogueira nunha obra coral, un retrato magnífico do seu tempo, e un valioso testemuño sobre os avatares do século XX en Compostela. Polas páxinas de SANTIAGO A TRAVÉS DE MIS GAFAS desfilan personaxes e acontecementos que moitos composteláns e galegos terán na memoria. O avogado Nogueira viaxa ata os tempos da república e a posterior traxedia da guerra civil; retrata máis adiante a vida universitaria nos anos 40 e 50, os seus anos de docente na Universidade, a súa afección polo fútbol ou pola música popular, ou a súa participación en política como director xeneral de Juventud no segundo goberno de Adolfo Suárez (primeiro da democracia), no ministerio de Pío Cabanillas.

A paixón pola avogacía preside cada páxina desta obra. Nun dos seus capítulos, Santiago Nogueira describe algún dos casos máis singulares da súa traxectoria profesional, entre eles, o affaire Barreiro, sobre o procesamiento do que fora conselleiro de Presidencia José Luís Barreiro Rivas.

A través das súas lentes, Nogueira Romero enfoca o pasado, o seu pasado presente. E faio dun xeito honesto, preciso e intelixente.

Ficha técnica
   • Título: Santiago a través de mis gafas
   • Autor: Santiago Nogueira
   • Páxs: 180
   • PVP: 17€
   • Medidas: 13x23
   • Encadernación: capa branda con lapelas
   • Idioma: castelán
   • Ilustracións: caderniño de 8 páxinas con fotografías
   • Colección: Oeste [crónica]
   • Data de aparición: novembro 2009
   • ISBN: 978-84-89323-35-3


PREZO: 17,00 €
u.
O autor/a
Santiago Nogueira Romero (Santiago de Compostela, 1928) é un dos letrados galegos máis brillantes, especialista en Dereito Civil e Procesual, e fundador, en 1953, do “Gabinete Xurídico Santiago Nogueira Avogados”.

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1951), durante 25 anos foi profesor de Dereito Civil na Facultade de Dereito e chegou a presidir o Padroado da Universidade.

Membro da Xunta de Goberno do Ilustre Colexio de Avogados da Coruña, Académico numerario e fundador da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación, publicou diversos traballos sobre o Recurso de Casación.

No primeiro goberno da democracia, foi director xeneral de Juventud do Ministerio de Cultura que presidía Pío Cabanillas.
O avogado Santiago Nogueira presenta o seu libro de memorias O avogado Santiago Nogueira presenta o seu libro de memorias (PDF)
Lo que dijo la prensa
19/12/2009, El Correo Gallego, "Compostela, desde los años de la República, a través de las gafas de Santiago Nogueira"

17/12/2009, El Correo Gallego.es, "Santiago Nogueira"

27/11/2009, El Correo Gallego, "Compostela se mira en las gafas de Santiago Nogueira"

26/11/2009, El Correo Gallego, "Santiago Nogueira 'pasa lista' a 500 personajes de la Compostela del siglo XX"

25/11/2009, La Voz de Galicia, "Este libro recoge unas reflexiones en voz alta"
«Voltar
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
Rúa Sempre en Galiza, 4 (praza int.) · 15706 Santiago · Apartado Postal (P.O. Box): 1137 · Telf: 609 908 852 - Fax: 981 522 137 · correo@alvarellos.info
30 Aniversario Alvarellos Editora