Versión en galego Versión en castellano
Ver cesta ver cesta
Búsqueda por autor ou título
Alvarellos
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
30 aniversario da Editorial Doble Premio Gourmand 2006 Premio á Edición Histórica 2007 Premio Nacional de Gastronomía Álvaro Cunqueiro 2008
Tenda
O XORNAL NA CLASE
DE MATEMÁTICAS
E outros recursos para aprender cos números
Cecilia Alvarellos Casas
Sinopsis
Unha nova proposta didáctica para aprender –e para se divertir, a un tempo– cos números. Mediante a utilización na aula da prensa escrita e con entretidos exercicios prácticos.
O xornal como recurso pedagóxico na clase de Matemáticas foi, ata agora, moi pouco explorado, mais as súas vantaxes para o alumnado –sobre todo en Secundaria– son múltiples: conecta os rapaces e rapazas coa realidade, motiva debates sobre a actualidade, lévaos a comprender mellor o tratamento da información e as claves das estatísticas que aparecen nos xornais, finalmente, posibilita a relación de coñecementos que atinxen a varias materias.

Ficha técnica
   • Título: O xornal na clase de Matemáticas
   • Subtítulo: E outros recursos para aprender cos números
   • Autora: Cecilia Alvarellos Casas
   • Páxs: 115
   • PVP: 14 €
   • Medidas: 13x23
   • Encadernación: capa branda plastificada con lapelas
   • Idioma: galego
   • Colección: Oeste [divulgación & ensaio]
   • Data de aparición: decembro 2009
   • ISBN: 978-84-89323-36-0


PREZO: 14,00 €
u.
O autor/a
CECILIA ALVARELLOS CASAS (Lugo, 1963) é licenciada en Matemáticas pola Universidade de Santiago coa especialidade en Estatística. Durante os máis de 25 anos que leva no mundo da docencia ten publicado varios libros e estudos matemáticos, entre eles, as obras Matemáticas universitarias I (1991), Xoguemos coas matemáticas na ESO (1994) e Estatística descritiva (2000), todos eles en Alvarellos Editora. Actualmente exerce como profesora de Matemáticas no Instituto Val do Asma de Chantada.
As Matemáticas a través dos xornais galegos As Matemáticas a través dos xornais galegos (PDF)
Lo que dijo la prensa
13/01/2010, Galicia Hoxe, "As mates, co xornal"

19/12/2009, La Voz de Galicia, "Hai que intentar que as matemáticas sexan máis aplicables á vida real"
«Voltar
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
Rúa Sempre en Galiza, 4 (praza int.) · 15706 Santiago · Apartado Postal (P.O. Box): 1137 · Telf: 609 908 852 - Fax: 981 522 137 · correo@alvarellos.info
30 Aniversario Alvarellos Editora