Versión en galego Versión en castellano
Ver cesta ver cesta
Búsqueda por autor ou título
Alvarellos
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
30 aniversario da Editorial Doble Premio Gourmand 2006 Premio á Edición Histórica 2007 Premio Nacional de Gastronomía Álvaro Cunqueiro 2008
Tenda
GUÍA VERDE DE SANTIAGO
UN PERCORRIDO ALTERNATIVO E INÉDITO POLA CAPITAL DE GALICIA
(Edición en Galego)
María Isabel Fraga, coord. Martín Souto e Daniel Castro
Sinopsis
Impresa en papel reciclado e ecolóxico, consta de 216 páxinas a toda cor, con 250 fotografías, ilustracións e mapas de todos os parques e xardíns da cidade mais fichas prácticas de 130 especies arbóreas.
Chega ás librerías unha guía nova e orixinal de Compostela que se ocupa dun aspecto moi pouco tratado ata hoxe, pese a que a capital de Galicia é unha das cidades con máis metros cadrados de parques e xardíns por habitante de toda a Península Ibérica. Trátase da Guía verde de Santiago unha obra co editada co Museo de Historia Natural da USC e que conta coa colaboración da Concellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentable do Concello de Santiago.

A guía, que sae publicada en dúas edicións, galego e castelán, está avalada polo Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago. A directora deste Museo, a botánica María Isabel Fraga, é a coordinadora do libro ademais de ser a autora dos textos, en colaboración con Martín Souto e Daniel Castro. Tamén participan Xan Guerra e Francisco Leonardo.

PAPEL ECOLÓXICO E 250 FOTOGRAFÍAS

Impresa en papel reciclado e ecolóxico (procedente de bosques sustentables) esta primeira guía verde da cidade é toda unha descuberta. Un volume ameno, didáctico, sinxelo, inclúe 250 fotografías a toda cor, ilustracións e mapas de 18 parques e xardíns, e fichas prácticas de 130 especies arbóreas. En total, 216 páxinas nas que se traza un percorrido a través das sorprendentes zonas verdes da capital de Galicia.

O libro divídese en dúas partes:

A primeira céntrase nos parques máis representativos do núcleo urbano: Alameda, San Lourenzo, Campus Sur, Eugenio Granell, Bonaval, Belvís.... De cada un destes espazos vaise describindo a súa historia, singularidades e especies arbóreas.

A segunda parte é toda unha guía botánica con fichas, fotos, debuxos e comentarios de 130 especies arbóreas que están presentes nos parques e xardíns de Compostela.

» Ver mostra da Guía Verde (pdf)

Ficha técnica
   • Título: Guía verde de Santiago
   • Autores: María Isabel Fraga, coord.; Martín Souto e Daniel Castro
   • Páxs: 216
   • PVP: 12 €
   • Medidas: 12x22
   • Encadernación: capa branda plastificada
   • Idioma: galego
   • Data de aparición: 30 de decembro 2009
   • ISBN: 978-84-89323-37-7


PREZO: 12,00 €
u.
Presentamos aos medios de comunicación a Presentamos aos medios de comunicación a "Guía verde de Santiago" (PDF)
Lo que dijo la prensa
18/01/2010, El Correo Gallego, "Recorrer la ciudad libro en mano"
«Voltar
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
Rúa Sempre en Galiza, 4 (praza int.) · 15706 Santiago · Apartado Postal (P.O. Box): 1137 · Telf: 609 908 852 - Fax: 981 522 137 · correo@alvarellos.info
30 Aniversario Alvarellos Editora