Chega ás librerías unha guía nova e orixinal de Compostela que se ocupa dun aspecto moi pouco tratado ata hoxe, pese a que a capital de Galicia é unha das cidades con máis metros cadrados de parques e xardíns por habitante de toda a Península Ibérica. Trátase da
Guía verde de Santiago unha obra co editada co Museo de Historia Natural da USC e que conta coa colaboración da Concellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentable do Concello de Santiago.
A guía, que sae publicada en dúas edicións, galego e castelán, está avalada polo Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago. A directora deste Museo, a botánica María Isabel Fraga, é a coordinadora do libro ademais de ser a autora dos textos, en colaboración con Martín Souto e Daniel Castro. Tamén participan Xan Guerra e Francisco Leonardo.
PAPEL ECOLÓXICO E 250 FOTOGRAFÍAS
Impresa en papel reciclado e ecolóxico (procedente de bosques sustentables) esta primeira guía verde da cidade é toda unha descuberta. Un volume ameno, didáctico, sinxelo, inclúe
250 fotografías a toda cor, ilustracións e mapas de 18 parques e xardíns, e fichas prácticas de 130 especies arbóreas. En total, 216 páxinas nas que se traza un percorrido a través das sorprendentes zonas verdes da capital de Galicia.
O libro divídese en dúas partes:
A primeira céntrase nos parques máis representativos do núcleo urbano: Alameda, San Lourenzo, Campus Sur, Eugenio Granell, Bonaval, Belvís.... De cada un destes espazos vaise describindo a súa historia, singularidades e especies arbóreas.
A segunda parte é toda unha guía botánica con fichas, fotos, debuxos e comentarios de 130 especies arbóreas que están presentes nos parques e xardíns de Compostela.
» Ver mostra da Guía Verde (pdf)