Versión en galego Versión en castellano
Ver cesta ver cesta
Búsqueda por autor ou título
Alvarellos
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
30 aniversario da Editorial Doble Premio Gourmand 2006 Premio á Edición Histórica 2007 Premio Nacional de Gastronomía Álvaro Cunqueiro 2008
Tenda
TEMPO DE ELEXÍA
EDICIÓN BILINGÜE. INCLÚE CD CUN RECITAL INÉDITO DE 1982
Uxío Novoneyra
Sinopsis
Libro+CD dun dos poetas galegos máis destacados de todos os tempos, no ano no que Galicia lle dedica o Día das Letras Galegas.

Uxío Novoneyra alcanza, con Tempo de elexía (o seu segundo libro) o cumio da súa creatividade e inspiración. Versos que, en palabras do autor, “buscan os estados límite do Home diante do Amor e a Morte, a angustia e a distancia interior”.

Presentamos unha edición bilingüe que retoma o espírito da primeira publicación desta obra (Madrid, 1966), con tradución ao castelán do propio Uxío Novoneyra, e aportamos, a modo de limiar, unha “Autopoética” na que o autor reflexiona sobre a súas elexías.

O CD que acompaña ao libro inclúe o recital inédito e íntegro que o poeta ofreceu en Lugo, no Instituto Lucus Augusti, en 1982. Unha oportunidade nova de escoitar a voz auténtica, enérxica e plena de matices do gran “dicidor” das nosas Letras.

» consulta as primeiras páxinas deste libro

» escoita o comezo do recital inédito de 1982

Ficha técnica
   • Título: Tempo de elexía
   • Páxinas:124
   • PVP: 20 €
   • Medidas: 13x21
   • Idioma: galego e castelán
   • Data de publicación 1ª edición: marzo 2010
   • ISBN: 978-84-89323-38-4
   • Encadernación: cartoné
   • Colección: Rescate. Tomo 11


PREZO: 20,00 €
u.
O autor/a
Uxío Novoneyra (Parada de Moreda-O Courel, 1930 – Santiago, 1999), fillo de labradores, comezou os seus estudos en Lugo para posteriormente trasladarse a Madrid a cursar Filosofía e Letras. Viviu en Lugo, Madrid, O Courel e Santiago de Compostela. Foi presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega dende 1983 ata o seu falecemento. É autor dos seguintes poemarios: Os eidos (1955), Elegías del Caurel y otros poemas (Ed. Bilingüe, 1966), Os eidos-2 (1974), Poemas caligráficos (1979), Os eidos. Libro do Courel (1981), Muller pra lonxe (1986), Do Courel a Compostela (1988), Tempo de elexía (1991) Poemas da doada certeza (1994) e Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago (1999).
Presentamos 'Tempo de Elexía' en Santiago Presentamos 'Tempo de Elexía' en Santiago (PDF)
O audio-libro O audio-libro "Tempo de Elexía" presentouse en Lugo diante do alumnado do IES Lucus Augusti (PDF)
Alvarellos publica un audio-libro de Uxío Novoneyra cun recital inédito de 1982 Alvarellos publica un audio-libro de Uxío Novoneyra cun recital inédito de 1982 (PDF)
Lo que dijo la prensa
17/05/2010, De Luns a Venres, "A inédita voz de Novoneyra"

17/05/2010, De Luns a Venres, Anuncio

15/05/2010, La Voz de Galicia, Especial Uxío Novoneyra, X.C. Caneiro, "Unha voz dicidora e profunda.

15/05/2010, La Voz de Galicia, Especial Uxío Novoneyra, Branca Novoneyra: "¿Ata cando este tempo de elexía?"

29/04/2010, El Correo Gallego, "Recuperamos un documento sonoro inédito de Novoneyra do ano 1982"

24/04/2010, La Voz de Galicia, "Un espectáculo de color y de sueños, palabras del ideario de Uxío Novoneyra"

24/04/2010, El Progreso, "Blanca Novoneyra afirma que 'Tempo de elexía' supera la visión reducida sobre su padre"

23/04/2010, Diario Cultural

18/04/2010, El Correo Gallego, "Un dicidor de poesía"

17/04/2010, La Voz.- Culturas, "Máis sobre Novoneyra"

15/04/2010, Xornal de Galicia, "Alvarellos recupera un recital de Novoneyra"
«Voltar
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
Rúa Sempre en Galiza, 4 (praza int.) · 15706 Santiago · Apartado Postal (P.O. Box): 1137 · Telf: 609 908 852 - Fax: 981 522 137 · correo@alvarellos.info
30 Aniversario Alvarellos Editora