A
España Sagrada é unha das empresas historiográficas máis monumentais e consistentes de España. Unha enciclopedia en 52 volumes que viu a luz no século XVIII. Foi concebida polo relixioso burgalés Henrique Flórez, que escribiu os 29 primeiros volumes, continuada a súa inxente labor por Manuel Risco, e xa finalmente por Merino e La Canal.
Flórez, que inicia a publicación desta inxente obra en 1747, dividiu a península ibérica por dióceses, das que estuda a fundación, moedas, monumentos, inscricións, manuscritos, bispos, abades, santos, igrexas e monumentos. Malia súa concepción relixiosa, estamos unha obra imbuída da nova ideoloxía do momento, procedente de Francia: a Ilustración.
Henrique Flórez intenta facer un traballo metódico e crítico achegándose para isto ás fontes, sendo o seu lugar de traballo cabildos, bibliotecas, arquivos e museos. Busca a verdade histórica e faino cun estilo claro, conciso, con naturalidade. A
España Sagrada é, polo tanto, non só unha obra histórica, senón tamén un catálogo fondo e documentado do seu tempo.
Alvarellos Editora emprendeu en 1989 a publicación dos volumes relacionados con Galicia. En 2005 son doce os tomos publicados, editados en tapa dura e a todo luxo (cun cómodo tamaño de 16x21 centímetros), e que corresponden a Santiago, Lugo (dous tomos), Ourense, Tui (dous tomos), Mondoñedo, Braga, Oporto, Coimbra e Astorga, máis o
Índice General de toda a obra (dos 52 volumes).
-
Índice Obra Completa
-
Tomo XIV - Coimbra
-
Tomo XIX - Santiago
-
Tomo XL - Lugo 1
-
Tomo XLI - Lugo 2
-
Tomo XV - Braga
-
Tomo XVI - Astorga
-
Tomo XVII - Ourense
-
Tomo XVIII - Mondoñedo
-
Tomo XXI - Porto
-
Tomo XXII - Tui 1
-
Tomo XXIII - Tui 2