Versión en galego Versión en castellano
Ver cesta ver cesta
Búsqueda por autor ou título
Alvarellos
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
30 aniversario da Editorial Doble Premio Gourmand 2006 Premio á Edición Histórica 2007 Premio Nacional de Gastronomía Álvaro Cunqueiro 2008
Tenda
APUNTES
HISTÓRICOS SOBRE SANTIAGO
OBRA DISPERSA Y OLVIDADA, 1868-1903
Antonio López Ferreiro
Sinopsis
Este volume recupera once monografías do célebre historiador galego do XIX, Antonio López Ferreiro. Ningunha delas —excepto a que pecha a obra— fora publicada antes en libro. Permanecían esquecidas desde fai máis dun século, cando apareceron en forma de extensos artigos integrados en revistas da época.

Estes escritos percorren momentos clave da historia de Santiago de Compostela: documéntanos o autor sobre as orixes do mosteiro de San Paio de Antealtares, recrea o mito do Pico Sacro, interpreta as inscricións da Colexiata do Sar, explica o Códice Calixtino, ou narra a historia do malogrado bispo Suero de Toledo, entre outros temas. Sobre todos estes ensaios merece especial mención o seu relato sobre a historia do altar de Santiago, pois Ferreiro foi o arqueólogo que, en 1879, se había de encargar das excavacións que localizaron as reliquias do Apóstolo.

En todos estes escritos, reunidos e estudados por Xosé Ramón Fandiño, queda patente a que, quizais, sexa a maior cualidade do historiador: ser o primeiro en Galicia en utilizar as fontes e os documentos como base para os seus estudos.

» consulta as primeiras páxinas deste libro

Ficha técnica
   • Título: Apuntes históricos sobre Santiago
   • Páxinas:306
   • PVP: 22 €
   • Medidas: 13x21
   • Idioma: castelán
   • Data de publicación 1ª edición: marzo 2010
   • ISBN: 978-84-89323-39-1
   • Edición e introdución: Xosé Ramón Fandiño Veiga
   • Encadernación: cartoné
   • Colección: Rescate


PREZO: 22,00 €
u.
O autor/a
ANTONIO LÓPEZ FERREIRO (Santiago, 1837-Vedra, 1910) foi cóengo da catedral compostelá, arqueólogo, novelista e, sobre todas as cousas, un inxente historiador. A súa produción abarca máis de cen monografías. Entre os seus traballos destaca a monumental Historia da Santa A. M. Igrexa de Santiago (once tomos: 1898-1911, o último, póstumo), Galicia no último terzo do século XV (1896), ou o tres novelas históricas escritas en galego: A tecedeira de Bonaval (1894), O castelo de Pambre (1895) e O niño de pombas (1905). Foi membro da Real Academia Galega desde a súa fundación, en 1906, e unha das súas últimas ocupacións sería a presidencia da Sección Arqueolóxica da soada Exposición Rexional Galega de 1909. En 1978 Galicia dedicoulle o seu Día das Letras Galegas, e en 2010 celebra o seu centenario.
Lo que dijo la prensa
20/06/2010, Diario de Ferrol, "Antonio López Ferreiro: obra recuperada"

18/05/2010, La Voz de Galicia: "A torre de Cira, no esquecemento"

04/05/2010, La Voz de Galicia, Xosé Ramón Fandiño: "López Ferreiro rachou co historiador romántico"

22/04/2010, El Correo Gallego, "Apuntes históricos"

14/04/2010, Galicia Hoxe, "Un século sen López Ferreiro"

28/03/2010, El Correo Gallego.es, "Leer, ver y escuchar"

28/03/2010, El Correo Gallego.es; ALFREDO CONDE, "Cousas da fe e a verdade histórica"

21/03/2010, Xornal.com, "Alvarellos recupera a obra breve de López Ferreiro no seu centenario"
«Voltar
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
Rúa Sempre en Galiza, 4 (praza int.) · 15706 Santiago · Apartado Postal (P.O. Box): 1137 · Telf: 609 908 852 - Fax: 981 522 137 · correo@alvarellos.info
30 Aniversario Alvarellos Editora