Versión en galego Versión en castellano
Ver cesta ver cesta
Búsqueda por autor ou título
Alvarellos
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
30 aniversario da Editorial Doble Premio Gourmand 2006 Premio á Edición Histórica 2007 Premio Nacional de Gastronomía Álvaro Cunqueiro 2008
Tenda
ALVARELLOS: 30 ANOS DE EDICIÓN EN GALICIA
Henrique Alvarellos Casas, coord.
Sinopsis
Trinta autores arredor do libro e da edición en Galicia. Unha homenaxe ao fundador de Alvarellos Editora, Enrique Alvarellos Iglesias.

Volume conmemorativo dos trinta anos de existencia dunha das editoriais máis veteranas do país: Alvarellos Editora. Empresa familiar e independente creada en Lugo por Enrique Alvarellos Iglesias (1931-2004) en maio de 1977.

Trinta e tres autores –escritores, xornalistas, editores, libreiros, profesores, promotores culturais, etc– reflexionan nesta obra sobre o libro galego e o mundo da edición en Galicia dende a Transición ata hoxe, e homenaxean, a un tempo, a figura irrepetible do fundador de Alvarellos Editora.

O libro conta así mesmo co estudo introdutorio “Notas para unha historia do libro en Galicia, 1966-2007”, onde o actual editor da empresa, Henrique Alvarellos Casas, leva a cabo un percorrido cronolóxico sobre os feitos máis sobranceiros deste proxecto editorial.

Finalmente, unha galería gráfica mostra, en fotografías, recortes de prensa e documentación varia, a xestación desta empresa e os seus trinta primeiros anos de vida.

OS AUTORES

Participan nesta publicación (por orde alfabética):

Adolfo de Abel Vilela, historiador
Xavier Alcalá, escritor
Xesús Alonso Montero, catedrático emérito de Literatura Galega, ensaísta e polígrafo
José Alonso Sánchez, xornalista de El Progreso
Henrique Alvarellos Casas, editor e xornalista
Luís Álvarez Pousa, xornalista e profesor de Xornalismo na USC
Xosé Ramón Barreiro, presidente da Real Academia Galega da Lingua
Manuel Bragado, editor de Edicións Xerais de Galicia
Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia
Tucho Calvo, director de Biblos Clube de Lectores e redactor xefe de La Voz de Galicia
Toño Castro, maxistrado
Xaime Corral, presidente da Federación de Libreiros de Galicia
Jesús Couceiro, libreiro
Isaac Díaz Pardo, editor, artista e refundador de Sargadelos
Afonso Eiré, director do semanario A Nosa Terra
Miguel Anxo Fernán Vello, director de Edicións Espiral Maior e poeta
Francisco Fernández del Riego, co-fundador da Editorial Galaxia
Xesús Fraga, escritor e xornalista de La Voz de Galicia
Xosé María G. Palmeiro, xornalista
Alfonso G. Sanmartín, presidente da Asociación Galega de Editores
Bieito Ledo, editor de Ir Indo
Antón Mascato, director adxunto de Nova Galicia Edicións
José López Orozco, alcalde de Lugo
Xesús Mato, crego rural
Luís Pérez, xornalista e redactor xefe de El Correo Gallego
Xosé Antón Perozo, escritor e xornalista
Olivia Rodríguez, profesora de Teoría da Literatura da Universidade da Coruña
Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago de Compostela
Xavier Senín, xornalista e subdirector xeral de Cultura da Xunta de Galicia entre 1987 e 2006
Anxo Tarrío, catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa da USC
Marcos Valcárcel, catedrático de Lingua e Literatura Galegas e historiador
Armando Vázquez Crespo, escritor e xornalista
Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega

» Intervención do editor Henrique Alvarellos Casas no acto do 30 aniversario da editorial (Lugo, 13 de novembro de 2007)

Ficha técnica
   • Título: Alvarellos: 30 anos de edición en Galicia
   • Páxinas: 148
   • PVP: 17 €
   • Medidas: 20x 19
   • Idioma: galego
   • Primeira edición: maio 2007
   • ISBN: 978–84–89323–14–8
   • Colección: De varia re
   • Ilustracións: Galería gráfica con fotos, documentos e recortes de prensa dende 1977 a 2007.
   • Limiar: "Notas para unha historia do libro en Galicia", por Henrique Alvarellos Casas.


PREZO: 17,00 €
u.
Acto do 30 aniversario da editorial Acto do 30 aniversario da editorial (PDF)
Trinta autores celebran o trixésimo aniversario de Alvarellos Editora Trinta autores celebran o trixésimo aniversario de Alvarellos Editora (PDF)
«Voltar
Presentación | A nosa historia | O fundador | Noticias | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
Rúa Sempre en Galiza, 4 (praza int.) · 15706 Santiago · Apartado Postal (P.O. Box): 1137 · Telf: 609 908 852 - Fax: 981 522 137 · correo@alvarellos.info
30 Aniversario Alvarellos Editora