|
|
![]() |
![]() |
| Presentación | A nosa historia | O fundador | Novidades | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto |
| ||
|
Pode realizar unha compra dende o catálogo do sitio web ou dende o cadro de búsqueda. Recomendámoslle que lea atentamente as condicións de venda de ALVARELLOS EDITORA que figuran a continuación.
1 - SISTEMA DE COMPRA EN ALVARELLOS.INFO As compras realizadas en ALVARELLOS.INFO fican sometidas á normativa vixente e o resto da lexislación concordante, entendéndose realizadas as operacións de venda no domicilio de ALVARELLOS EDITORA. As compras efectuadas en ALVALRELLOS.INFO estarán suxeitas ó pago do Imposto sobre o Valor Engadido (I.V.E.) segundo o establecido na normativa vixente para as persoas físicas ou xurídicas residentes en Estados membros da Unión Europea e para aquelas residentes en países extracomunitarios. 2 - A VENDA DOS ARTIGOS As carcterísticas dos artigos e os seus prezos aparecerán en pantalla. Os artigos e servizos estarán dispoñibles para a súa venda deica fin de existencias. Os prezos indicados en pantalla son en euros e inclúen I.V.A. e son los vixentes, agás error mecanográfico. As ofertas atópanse debidamente marcadas e identificadas como tal. O seu prazo de validez ten efectividade mentres aparezan na pantalla. Debido á existencia de sistemas de proxy-caché nas conexións dos usuarios de Internet, é posible que os contidos que se ofrezan no navegador do usuario non estean debidamente actualizados. ALVARELLOS.INFO non pode responder por ese desfase nas actualizacións, tendo validez únicamente os prezos e condicións que se sirvan en tempo real. 3 - A FORMALIZACIÓN DO PEDIDO O cliente que queira realizar unha compra en ALVARELLOS.INFO deberá visualizar as condicións xerais de compra que se inclúen en dito aparatdo da páxina principal. A formalización dun pedido entenderáse realizada baixo a total aceptación das condicións xerais de venda contidas na páxina. Xunto có pedido recibirá unha factura emitida por ALVARELLOS.INFO. Nunha compra que deba ser enviada a un enderezo diferente do que aparece nos datos de cliente, a factura sempre deberá enviarse ó enderezo do cliente, que en calquera caso será a persoa que faga efectivo o pago a ALVARELLOS.INFO. Os artigos enviaránse ó enderezo de entrega que vostede nos indique, nos prazos estipulados segundo o servizo de modo de envío que vostede escollera. 4 - TARIFA DE PORTES Para España e Portugal, os gastos de transporte serán de 4 euros (IVE incluido) para tódolos pedidos de tres libros ou menos e non haberá coste para os pedidos de máis de tres libros. Para outros destinos, ALVARELLOS.INFO resérvase o dereito de modificar ditos gastos, informando previamente dos mesmos ó comprador. 5 - SERVICIO DE ATENCIÓN Ó CLIENTE Se non fica satisfeito cós artigos adquiridos en ALVARELLOS.INFO poderá devolverlos nun prazo non superior a 7 días, contados a partires da recepción do artigo. As devolucións deberánse enviar xunto có orixinal da folla de devolución, debiudamente cumprimentado, que acompaña o albarán. Para calquera posible incidencia ou reclamación, recomendámoslle que se poña en contacto có Servicio de Atención ó Cliente, teléfono: +34 609 908852. Ou nos envíe un correo electrónico ó enderezo: pedidos[ARROBA]alvarellos.info A devolución do importe efectuaráse mediante abono. As normas respecto ás devolucións, reguladas pola Lei do 15/1/96 número 7/1996, sobre reclamacións, garantía e emisión de facturas, son as seguintes: Non se admitirán devolucións que non veñan non seu embalaxa orixinal e có producto en perfecto estado. Os productos que podan ser reproducidos ou copiados con carácter inmediato (CDs, software, películas de vídeo, libros, etc.) non se admitirán a menos que se devolvan non seu embalaxa orixinal, agás os casos de mercancía defectuosa. O albarán de entrega selado por ALVARELLOS EDITORA ten validez como garantía do fabricamente, ésta terá efecto a partires do día que se realiza a entrega no domicilio do comprador. As reclamacións por posibles incidencias como que o producto se entregue deteriorado, averiado, equivocado ou por calquera outra causa susceptible de reclamación, trataránse do seguinte xeito: Sempre deberá devolverse cumprimentando o orixinal da folla de devolución que acompaña ó albarán. No caso de solicitar a devolución do importe, o cliente debe remitir o producto no prazo de 7 días posteriores á recepción do pedido, e os costes de devolución corren a cargo do cliente (segundo Ley do 15/1/96 número 7/1996). Se pola contra desexa a sustitución do producto, ALVARELLOS EDITORA comprométese a entregar ó cliente outro producto en perfecto estado e recoller o defectuoso ó realiza-la entrega. |
PROTECCIÓN DE DATOS De acordo coa Lei de Protección de Datos, infórmaselle de que os seus datos persoais van ser incorporados a un ficheiro automatizado que ten por finalidade a xestión e prestación de servizos aos clientes por parte de ALVARELLOS EDITORA. Pode exerce-lo seu dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición ó tratamento dos seus datos persoais, mediante escrito dirixido a ALVARELLOS EDITORA, Rúa Arribadas, 7, Primeiro. 15706 SANTIAGO DE COMPOSTELA. |
|
| Presentación | A nosa historia | O fundador | Novidades | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto | ||||||||||
| Rúa das Arribadas, 7, 1ºC · 15706 Santiago de Compostela · Apartado Postal (P.O. Box): 1137 · Telf: 609 908 852 - Fax: 981 522 137 · correo@alvarellos.info | ![]() |