|
Presentamos unha serie de títulos pertencentes ao catálogo histórico desta editorial nas edicións orixinais de finais dos anos 70 e 80 (a maior parte deles viron a luz no período 1977-1979).
Todas estas obras levan moitos anos fóra de circulación e permanecían arrombadas nos almacéns desta empresa en Lugo ou ben foron rescatadas de librerías de vello e similares. Dalgúns destes títulos quedan loxicamente moi poucos exemplares.
Agora é posible adquirilos a prezos moi asequibles a través desta páxina web. Serviranse por orde rigorosa de petición ata agotar existencias.
Todos están 'novos', no sentido de que non foron usados, aínda que teñen as pegadas que o paso do tempo e a almacenaxe foi deixando neles.
|