Versión en galego Versión en castellano
Ver cesta ver cesta
Búsqueda por autor ou título
Alvarellos
Presentación | A nosa historia | O fundador | Novidades | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
30 aniversario da Editorial Doble Premio Gourmand 2006 Finalista Premios Irmandade do Libro 2006 Premio á Edición Histórica 2007 Premio Nacional de Gastronomía Álvaro Cunqueiro 2008
Avance: XUDEUS E CONVERSOS GALEGOS
XUDEUS E CONVERSOS GALEGOS
Notas para unha historia pendente

Cuberta do libro

Xudeus e conversos atoparon en Galicia un territorio tolerante onde puideron convivir sen confrontacións. Esta é a principal tese do libro, unha aproximación didáctica á historia do pobo xudeu e a súa presencia no noso país. O autor afirma que é constante a arribada de xudeus a Galicia dende as matanzas de 1391 e 1414, datas nas que principiou un anti-xudaísmo feroz en Andalucía, Estremadura ou Castela, o que obrigou aos xudeus e máis tarde aos conversos, a se refuxiar en Galicia e Portugal.

'Xudeus e conversos estaban introducidos na sociedade galega e compartían negocios, xogaban nenos cristiáns con nenos xudeus, eran membros dos concellos e tiñan oficios non permitidos aos xudeus no resto de España. Cando había conflictos entre cristiáns e xudeus, as autoridades impartían xustiza sen mirar a que crenza relixiosa pertencían'.

Roberto González Rouco fai así mesmo un breve percorrido pola historia deste pobo, dende a súa entrada na Península na época do Rei David, o tempo dos romanos, suevos e visigodos, a época árabe, a inquisición... ata a loucura nazi e os tempos modernos.

Esta obra Xudeus e conversos galegos. Notas para unha historia pendente recolle tamén outros aspectos históricos de relevancia como a participación dos xudeus nas revoltas irmandiñas a favor do pobo contra a nobreza, ou a súa intervención na redacción das Cantigas de Afonso X.

   
Presentación | A nosa historia | O fundador | Novidades | Colección Rescate | O editor/director | Catálogo | Restos de edición | Mercar | Distribución | Contacto
Rúa das Arribadas, 7, 1ºC · 15706 Santiago de Compostela · Apartado Postal (P.O. Box): 1137 · Telf: 609 908 852 - Fax: 981 522 137 · correo@alvarellos.info
30 Aniversario Alvarellos Editora